Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2001 Páx. 3.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/36-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: C.T. en Urbanización Florida-I-P-3-Hotel Vigo Real.

Situación: Vigo.

Características técnicas: C.T. con dous trafos de 1.000 kVA cada un (total 2.000 kVA), relación de transformación 15 kV-380/220 V, na Urbanización Florida-I-P-3-Hotel Vigo Real, no concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 9 de febreiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra