Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e centro seccionamento O Pazo.
Situación: Meaño.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 160 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde o C.T. existente de Padrenda ata o centro de seccionamento proxectado O Pazo, concello de Meaño. Centro de seccionamento con tres liñas de manobra exterior.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 12 de febreiro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra