Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2001 Páx. 3.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia o concurso público, polo trámite de urxencia e procedemento aberto, do contrato de servicios para a organización dos actos finais da campaña Entre nós, en galego.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato de servicios arriba indicado, faise público:

1. Obxecto: a organización dos actos finais da campaña Entre nós, en galego.

2. Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso, polo trámite de urxencia.

3. Orzamento: 7.000.000 de pesetas, IVE incluído.

4. Garantía provisional: 140.000 pesetas.

5. Requisitos dos licitadores: os especificados nos puntos 8 e 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Proposicións: de acordo co que se especifica no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares, a documentación será presentada no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de 8 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Apertura das proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, ás 10 horas do terceiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación especificado no punto anterior.

8. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de ofertas, en días e horas hábiles de oficina, no servicio de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 44 00.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=223.

9. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2001.

Xesús P. González Moreiras

Director xeral de Política Lingüística