Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2001 Páx. 3.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2001, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a a información pública o estudio informativo e o estudio de impacto ambiental sobre o corredor alternativo á C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela. (Clave AC/99/73.O).

Aprobado provisionalmente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

da Xunta de Galicia, con data do 16 de febreiro de 2001, o estudio informativo sobre o corredor alternativo á C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago. Clave: AC/99/73.0, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles a partir da publicación deste anuncio no BOE, para o fin de que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante o Servicio Provincial de Estradas da Coruña, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado estudio informativo se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, no Servicio Provincial de Estradas da Coruña e nos concellos de Teo e Santiago de Compostela.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública o estudio de impacto ambiental contido no estudio informativo durante o prazo de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia; están a exposición ó público para este efecto no Servicio Provincial de Estradas da Coruña, na Dirección Xeral de Obras Públicas e nos concellos de Teo e Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2001.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas