Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2001 Páx. 3.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2001, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Manuel Grien Docampo e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola oficina liquidadora de distrito hipotecario de Betanzos, en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regula o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante a oficina liquidadora sinalada no parágrafo anterior, con enderezo en r/ Venezuela 3-9-entrep., das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 20 de febreiro de 2001.

José Luis Veiga Castiblánquez

Delegado territorial da Coruña

ANEXO

REXISTRO DA PROPIEDADE DE BETANZOS

R/ VENEZUELA 3-9-ENTRP.

BETANZOS

INTERESADOPROCEDEMENTO

MANUEL GRIEN DOCAMPO

DNI: 32.118.224

R/ CABO STGO. GÓMEZ 18-1º

A CORUÑA

IMPOSTO SOBRE TRANSMISIÓNS PATRIMONIAIS E ACTOS XURÍDICOS DOCUMENTADOS

NE: 6956/97

NP: 4468/97

ROBERTO ALONSO MARTÍNEZ

DNI: NON CONSTA.

URBANIZACIÓN LA LAGUNA 11-BAIXO

MERA-OLEIROS

IMPOSTO SOBRE TRANSMISIÓNS PATRIMONIAIS E ACTOS XURÍDICOS DOCUMENTADOS

NE: 2845/98

NP: 1675/98