Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2001 Páx. 3.771

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de febreiro de 2001 pola que se autoriza a apertura e posta en funcionamento do centro autorizado de danza elemental Coppelia, de Vigo, para impartir, con carácter definitivo, as ensinanzas do grao elemental de danza, establecidas na Lei orgánica de ordenación xeral do sistema educativo.

Segundo o disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, é competencia da Comunidade Autónoma galega a regulamentación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, e de acordo co artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (Diario Oficial de Galicia do 23 de xullo), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que lle corresponden estas competencias.

A titular do centro, María Begoña Acuña González, solicita autorización de apertura para impartir, con carácter definitivo, as ensinanzas do grao elemental de danza que establece a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, así como que se anticipe a posta en funcionamento deste centro de acordo co disposto no artigo noveno do Decreto 253/1995, do 29 de setembro, sobre autorización a centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas (DOG do 11 de outubro).

A Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra informa do cumprimento efectivo dos requisitos mínimos que establece o Real decreto 389/1992, do 15 de abril (Boletín Oficial del Estado do 28 de abril), para os centros que impartan as ensinanzas artísticas regradas previstas no capítulo primeiro do título II da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e de que a estructura e planificación académica do centro se axusta ó disposto no Decreto 260/1994, do 29 de xullo (DOG do 16 de agosto), polo que se establece o currículo do grao elemental das ensinanzas de danza.

Cumpridos tódolos trámites regulamentarios e tendo en conta o anteriormente exposto, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e posta en funcionamento do centro autorizado de danza elemental Coppelia, de Vigo (Pontevedra), para impartir, con cáracter definitivo, as ensinanzas correspondentes ó grao elemental de danza, establecidas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, segundo os datos que figuran no anexo desta orde.

Segundo.-En cumprimento do que establece a disposición adicional terceira do Decreto 253/1995, do 29 de setembro, o centro autorizado de danza elemental Coppelia, de Vigo (Pontevedra), queda adscrito, para efectos administrativos, ó Conservatorio de Danza da Deputación Provincial da Coruña.

Terceiro.-O mencionado centro queda obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión da autorización cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

Cuarto.-Esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: rúa Pi y Margall, 61.

Código do centro: 36024240.

Titular: Mª Begoña Acuña González.

Denominación xenérica: centro autorizado de danza elemental.

Denominación específica: Coppelia.

Número de postos escolares autorizados: grao elemental: 80.