Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle do camiño da Raposa (expediente 5592/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 15 de febreiro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle do camiño da Raposa, de acordo co proxecto presentado por José Luis Candeira Blanco, con datas de visado polo COAG do 4-9-2000 e 1-12-2000.

Segundo.-Someter este expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, e notificación individualizada ós interesados directos por el.

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contados desde o último anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 7 de marzo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de

Urbanismo