Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de contratación.

A Comisión de Goberno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 5 de marzo do ano que andamos, aprobou o expediente de contratación da obra que a seguir se relaciona:

1. Obxecto do contrato: execución da obra de acondicionamento de parque público na praza de Lugo.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación: trece millóns noventa e catro mil duascentas setenta e dúas (13.094.272) pesetas (78.698,16 euros), de acordo coa seguinte desagregación:

a) Orzamento de execución material: 9.485.853 pesetas.

b) Gastos xerais: 1.233.162 pesetas.

c) Beneficio industrial: 569.151 pesetas.

d) IVE: 1.806.106 pesetas.

4. Garantías.

a) Provisional: duascentas setenta e unha mil oitocentas oitenta e cinco (261.885) pesetas.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación: o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sitos nos Clasutros de San Francisco, avda. de Cervantes, s/n, das 8 ás 15 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no último dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o décimo terceiro día coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

8. Máis información: teléfono: 982 56 20 47, das 8 ás 15 horas. Fax: 982 56 31 56. Correo electrónico: viveiro*fegamp.es.

Viveiro, 13 de marzo de 2001.

César Aja Mariño

Alcalde