Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva do proxecto de urbanización da rúa Pardaíña (expediente 4006/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 25 de xaneiro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización na r/ Pardaíña, promovido pola entidade Mallas Calzadas, S.L., con planos redactados polo arquitecto Antonio Thomás de Carranza e visados polo COAG con datas do 19-2-1997 e 7-11-1996 (expediente 4006/401).

Segundo.-A conservación da vía interior do polígono será por conta dos propietarios das parcelas dela, integrados nunha entidade urbanística de conservación, que deberá constituírse antes da recepción das obras de urbanización do polígono.

Terceiro.-Antes do inicio das obras e como condición suspensiva dos efectos deste acordo de aprobación definitiva, o interesado deberá presentar un aval polo 100% do orzamento das obras, que ascende a 14.952.265 pesetas, como garantía da súa execución.

Cuarto.-Remitir unha copia deste expediente ó Departamento de Vías e Obras do concello, para os oportunos efectos.

Quinto.-Notificarlles este acordo a tódolos interesados nel e, en particular, á entidade Promociones Ganesen, S.L.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

c) De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de régimen jurídico de las administracións públicas y del procedimiento administrativo común, por medio deste anuncio notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 2 de febreiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo