Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO sobre ocupación da parcela 117 do polígono 1 do solo urbanizable programado número 3 (SUP-3) da Pontepedriña.

A Comisión de Goberno, na súa sesión que tivo lugar o 27 de novembro de 2000, acordou autoriza-la ocupación da parcela 117 do polígono 1 do solo urbanizable programado número 3 (SUP-3) da Pontepedriña a favor da xunta de compensación do citado polígono, de conformidade co previsto no artigo 134.1º da Lei do solo de Galicia, con adxudicación ó seu propietario -Maximino García Vidal- dunha participación indivisa do 1,26% equivalente a 19,39 m edificables, na parcela resultante R.1.1 do proxecto de compensación aprobado na mesma data.

A ocupación efectuarase o próximo día 4 de abril de 2001, ás 12 horas, en acta que se levantará coa presencia dun representante municipal e do presidente e do secretario da xunta de compensación.

De conformidade co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC), este anuncio servirá de citación, en forma legal, á persoa que figura no catastro como propietario da parcela 7263605-NH3476C e que non pode ser citado persoalmente por descoñecerse o seu paradoiro.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo