Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

Anuncio de contratación, por concurso por procedemento aberto, para a prestación do servicio de mantemento das instalacións do polígono industrial da Granxa.

Obxecto: prestación do servicio de mantemento das instalacións do polígono industrial da Granxa.

Importe: 14.510.800 pesetas (87.211,664 euros).

Prazo de execución: dous anos prorrogables ata un máximo de catro, incluídas as prórrogas.

Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello do Porriño (Pontevedra).

b) Teléfonos: 986 33 13 01; fax: 986 33 58 50.

c) Data límite de obtención de documentación e informe: o día anterior a finaliza-lo prazo de presentación de proposicións.

Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais contados desde o seguinte ó da data do último anuncio que se publique no BOP, ou ben no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 27 de febreiro de 2001.

José Manuel Barros González

Alcalde