Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o anexo I do proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV, O Mesón do Vento-Vimianzo, apoios 31 e 32, no termo municipal de Cerceda, provincia da Coruña. (Expediente 228/1999).

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na avda. de Arteixo 171; 15007 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 30 de xullo de 1999, a citada empresa solicita a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV. O Mesón do Vento-Vimianzo; achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación a este expediente en vigor, en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, sub

ministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Liña de alta tensión aérea a 220 kV de 63.320 m, en conductor LA-455-Condor/Duplex cun só circuíto de 454,5 mm de sección e cable de fibra óptica/terra OPGW de 64 fibras, con orixe na subestación do Mesón do Vento, e cun percorrido de 2.382 m formando unha liña de dobre circuíto coa liña existente subestación O Mesón do Vento-subestación Santiago II, ata o apoio nº 7; desde aquí ó apoio nº 170, un simple circuíto nunha lonxitude de 58.625 m, e desde o apoio nº 170 ata a subestación de Vimianzo, en dobre circuíto cunha lonxitude de 2.313 m; discorrendo polos municipios de Carral, Mesía, Ordes, Cerceda, A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo.

Segundo.-Detectada unha prohibición no predio nº 191-C e co fin de cumpri-lo esixido no artigo 25 do Decreto 2619/1966 e o artigo 57-a da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o 20-7-2000 o promotor presenta solicitude a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública do anexo I do proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV. O Mesón do Vento-Vimianzo, apoios 31 e 32, no termo municipal de Cerceda (A Coruña); presenta o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación consisten en introducir no vano de 475 m de lonxitude, entre os apoios nº 31 e 32, un terceiro apoio nº 31 bis, quedando repartido en dous vanos de 245 m e 230 m cun cambio de traza da liña nestes vanos e cambiando as características mecánicas dos apoios en ángulo nº 31 e 32, no termo municipal de Cerceda.

Terceiro.-O 24 de xullo de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental da citada liña, notificándollo ó promotor o 28-8-2000.

Cuarto.-A delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña someteu o citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública mediante Resolución do 31 de xullo de 2000, publicada no DOG do 14-9-2000, BOP da Coruña do 15-9-2000 e o diario La Voz de Galicia do

13-9-2000, no taboleiro de anuncios do Concello de Cerceda, e na Delegación Provincial da Coruña.

A delegación provincial notificou individualmente as mencionadas solicitudes a cada un dos interesados que figuran na citada relación.

Durante o período en que se someteu a trámite de información pública, Olga Ramallal López, en representación dos herdeiros de Jesusa Ramallal Rumbo, propietarios do predio nº 184, manifesta que o predio pertence ós herdeiros de Jesusa Ramallal Rumbo e solicita un trazado alternativo da liña, debido a que o trazado proposto imposibilita calquera acción de desenvolvemento urbanístico e/ou explotación agrícola ou forestal no predio.

A alegación remituse á empresa beneficiaria para a súa contestación.

Quinto.-O 13 de setembro de 2000, por resolución da Dirección Xeral de Industria, autorízase administrativamente, declárase de utilidade pública e apróbase o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV. O Mesón do Vento-Vimianzo, apoios 1-31 e 32-final, nos termos municipais de Carral, Mesía, Ordes, Cerceda, A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo (A Coruña). Expediente: 228/99; publicouse no Diario Oficial de Galicia do 22-9-2000.

Sexto.-O 19 de febreiro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental pola que se revisa a declaración de impacto ambiental da liña 220 kV O Mesón do Vento-Vimianzo, notificándose ó promotor o 6-3-2001.

Sétimo.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial da Coruña con data do 8-3-2001, comprobándose mediante inspección sobre o terreo seguindo o trazado proposto para a instalación desta liña que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación para os efectos da servidume de paso, non se dan as prohibicións nin limitacións previstas no artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto

rización de instalacións eléctricas, o Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-Á vista da alegación presentada, da contestación a esta por parte da empresa promotora, e o resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que non podemos acepta-las alegacións presentadas por Olga Ramallal López, en representación dos irmáns de Jesusa Ramallal Rumbo, propietarios do predio nº 184, dado que a servidume de paso de enerxía eléctrica non lle impide ó dono do predio servente cercalo ou edificar nel, deixando a salvo a devandita servidume; nos ditos predios poderanse seguir realizando actividades pecuarias ou de cultivo respectando as distancias de plantación de árbores e, por outra banda, a desviación da citada liña afectaría a terceiros non incursos no expediente. No referente ó cambio de titularidade, a empresa toma razón del, continuando a tramitación do expediente cos novos titulares.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV O Mesón do Vento-Vimianzo, entre os apoios 31 e 32, no termo municipal de Cerceda, A Laracha (A Coruña).

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Terceiro.-Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica, entre os apoios 31 e 32, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria