Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/100-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T. e C.T. A Pedreira.

Situación: A Pobra de Trives.

Características técnicas: liña aérea a 20 kV, de 28 m de lonxitude, derivada desde o apoio nº 7 da L.M.T. Trives-Guístolas e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V na Pedreira.

Alegacións: o Concello da Pobra de Trives, organismo afectado pola obra, a través do seu alcalde considera esixible a aportación do estudio de impacto ambiental. Sen embargo, esta delegación considera que non é esixible o estudio de avaliación do

impacto A., dadas as características da obra, pois non está dentro de ámbito de aplicación da disposición adicional duodécima da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (modifica ó Real decreto lexislativo 1302/1986), que esixe 220 kV de tensión e 15.000 m de lonxitude da liña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.

Ourense, 16 de febreiro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense