Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decre
to 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. rúa Calzada 26.
Situación: Lalín.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 114 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. ó C.T. existente rúa H ó C.T. rúa E, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na rúa Calzada nº 26, do concello de Lalín, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 12 de febreiro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra