Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Eléctrica de Valdriz, S.L.
Domicilio social: r/ Charles Darwin 15 baixo local 9, 15172 Perillo. Oleiros.
Denominación: C.T.I., R.B.T. para subministración enerxía a 25 vivendas.
Situación: Láncara.
Características técnicas: centro de transformación aéreo de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión en conductor R.Z. de 384 metros de lonxitude.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.
Lugo, 12 de febreiro de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo