Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/42-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. Hospital do Salnés-Rubiáns.

Situación: Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio s/n da L.M.T. existente ó C.T. Sopigal, ata o C.T. que se proxecta en Rubiáns. L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 175 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. existente ó C.D. Hospital Salnés ata a L.M.T. existente ó C.T. Sopigal. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V, en Rubiáns, concello de Caldas de Reis. Toda a instalación está situada nos concellos de Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 9 de febreiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra