Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, de asistencia técnica para a realización dos proxectos básicos e informes xeotécnicos da estación de autobuses de Sada (A Coruña) e nove estacións máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a realización dos proxectos básicos e informes xeotécnicos da estación de autobuses de Sada (A Coruña) e nove estacións máis.

b) Prazo de execución: seis (6) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo autorizado 26.850.000 pesetas (161.371,75 euros), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 537.000 ptas. (3.227,45 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas particulares que rexen a contratación poderán recollerse en:

a) Entidade: nas delegacións provinciais da CPTOPV. Na Dirección Xeral de Transportes.

b) Enderezo: praza de Europa, 5-A (2ª planta).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non é necesaria.

b) Outros requisitos:

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira, precisamente referido ó traballo obxecto de licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos: 1º Copias autenticadas das titulacións do persoal do equipo redactor do estudio, especificado no punto 6 (consultor, equipo, medios e oficina) do prego de prescricións técnicas. 2º Declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios ou traballos realizados nos tres últimos anos, que inclúan importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminará ás catorce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: r/ San Caetano, s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.

b) Domicilio: praza de Europa, 5-A (2ª planta).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte á data de terminación do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: ás doce horas.

10. Outras informacións.

A proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG do 21 de decembro)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda