Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e centro seccionamento As Veigas de Almorzar.
Situación: Caldas de Reis.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 360 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde o apoio 90 da L.M.T. A Canle ata o centro de seccionamento que se proxecta nas Veigas de Almorzar, no concello de Caldas de Reis. Centro de seccionamento con 4 celas de liña CML-SF6.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 12 de febreiro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra