Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.725

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de febreiro de 2001 pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade ó centro privado de educación especial Duques de Lugo de Santiago de Compostela (A Coruña).

Examinado o expediente presentado polo centro privado de educación especial Duques de Lugo de Santiago de Compostela, no que solicita a ampliación dunha unidade no dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que o envía cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do 16), a orde ministerial do 30 de xaneiro de 1986 (BOE do 4 de febreiro), Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Decreto 320/1996, do 26 de xullo (DOG do 6 de agosto), de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

RESOLVE:

Autoriza-la ampliación dunha unidade ó centro privado de educación especial Duques de Lugo de Santiago de Compostela, segundo os datos que se relacionan no anexo desta orde, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do persoal que imparta docencia na unidade que se amplía.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Lamas de Abade.

Enderezo: r/ Raiola nº 6.

Denominación: Duques de Lugo.

Titular: Asociación de Padres de Niños Autistas y Psicóticos.

Nivel: educación especial.

Unidades de que constaba: 4 de autistas.

Unidades novas autorizadas: 1 de autistas.

Total de unidades autorizadas: 5 de autistas.