Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.722

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ACORDO de aprobación do inventario liquidado das Cámaras da Propiedade Urbana de Galicia adoptado pola Comisión de Liquidación o día 9 de marzo de 2001.

O Decreto 46/1999, do 11 de febreiro, establece o procedemento para a liquidación e extinción das Cámaras da Propiedade Urbana de Galicia e do seu Consello Xeral, atribuíndolle no seu artigo 3 á Comisión de Liquidación a función de aproba-las operacións liquidadoras.

Para estes efectos, a Comisión de Liquidación procedeu, mediante contrato con terceiro, con cargo ó patrimonio das cámaras, de acordo co previsto no artigo 4 do citado Decreto 46/1999, á elaboración do inventario de tódolos bens, dereitos e obrigas que constitúen o patrimonio de tódalas Cámaras da Propiedade Urbana de Galicia.

O artigo 5 do decreto citado establece as bases para a elaboración do inventario e para a determinación dos bens e dereitos que se consideran xerados con cargo á cota obrigatoria e outras actuacións derivadas de obrigas legais, e os bens que se consideran xerados con cargo a outros ingresos diferentes. Da aplicación deses criterios á determinación do patrimonio resulta que non existe nas Cámaras da Propiedade Urbana de Galicia patrimonio xerado con cargo a outros ingresos diferentes da cota obrigatoria.

O inventario elaborado foi sometido a información pública nos locais das Cámaras da Propiedade Urbana e, posteriormente, aprobado pola Comisión de Liquidación na sesión que tivo lugar o día 29 de marzo de 2000. Continuando co procedemento, ordenouse a cancelación e extinción das cargas, gravames, débedas e obrigas, de acordo co procedemento establecido no artigo 6 do Decreto 46/1999, do 11 de febreiro, cancelándose tódalas débedas excepto aquelas que non foi posible ou conveniente cancelar, que figuran recollidas nos anexos deste acordo, polo que o seu aboamento debe ser asumido pola Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co previsto no parágrafo segundo da disposición adicional do Decreto 46/1999.

Existen, así mesmo, dereitos en expectativa que pasan á titularidade da Comunidade Autónoma, tal e como prevé tamén o parágrafo terceiro da disposición adicional do Decreto 46/1999, do 11 de febreiro.

Con respecto ó Consello Xeral de Cámaras, tal e como dispón o artigo 8 do Decreto 23/1987, do 29 de xaneiro, polo que se constitúe o Consello Xeral de Cámaras Oficiais da Propiedade Urbana de Galicia, as liquidacións dos orzamentos producíanse niveladas como consecuencia das achegas recibidas de cada cámara para sufraga-los gastos ocasionados, quedando como remanente destas achegas, a nome do Consello Xeral, a cantidade de 64.647 pesetas, que foron así mesmo ingresadas na Conta Xeral do Tesouro da Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude do exposto, a comisión,

ACORDA:

A aprobación do inventario liquidado das Cámaras da Propiedade Urbana de Galicia, co voto en contra do representante do Consello Xeral de Cámaras, co detalle que se relaciona nos anexos a este acordo, de conformidade co disposto no artigo 6.3º do Decreto 46/1999, do 11 de febreiro, ordenando a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cos seguintes recoñecementos:

1. Recoñécese a débeda de 10.900.000 pesetas ó Instituto Galego da Vivenda e Solo polo custo de elaboración do inventario, encargo que foi realizado con cargo ó patrimonio das Cámaras da Propiedade Urbana de Galicia.

2. A existencia, así mesmo, de dereitos en expectativa a esta data, que pasan á titularidade da Comunidade Autónoma, parágrafo terceiro da disposición adicional do Decreto 46/1999, polos procesos contenciosos pendentes de resolución xudicial pertencentes ás cámaras da Coruña e Pontevedra.

Queda pendente de cuantificación a débeda que comporta a defensa xurídica dos intereses do Consello Xeral de Cámaras.

Contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2001.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

A Coruña. Inventario de bens, dereitos e obrigas que constitúen o patrimonio da Cámara da Propiedade Urbana da Coruña o 20 de febreiro de 2001.

Pesetas

I. VALORACIÓNS DE BENS E DEREITOS:

Patrimonio adquirido con cargo á cota obrigatoria
1. Patrimonio inmobiliario:
Local rúa Arcebispo Lago, 10 139.653.000
2. Patrimonio mobiliario:
Mobiliario de oficina, equipos para procesos de información 1.303.279
3. Tesourería 46.200.647

Total bens e dereitos 187.156.926

II. VALORACIÓNS DE OBRIGAS:

Instituto Galego da Vivenda e Solo 155.899

Total obrigas 155.899

ANEXO II

Lugo. Inventario de bens, dereitos e obrigas que constitúen o patrimonio da Cámara da Propiedade Urbana de Lugo o 20 de febreiro de 2001.

Pesetas

I. VALORACIÓNS DE BENS E DEREITOS:

Patrimonio adquirido con cargo á cota obrigatoria
1. Patrimonio inmobiliario:
Local rúa Doctor Fleming, 2 64.960.000
2. Patrimonio mobiliario:
Mobiliario de oficina, equipos para procesos de información 0
3. Tesourería 33.319

Total bens e dereitos 64.993.319

II. VALORACIÓN DE OBRIGAS:

1. Organismos da Seguridade Social acredores:
Seguridade Social 5.485.476
2. Facenda Pública acredora por conceptos fiscais:
Por IVE 286.556
Por retencións practicadas 419.865
3. Remuneracións pendentes de pagamento:
Salarios 1.646.359
Indemnizacións 5.732.807

Total obrigas 13.571.063

ANEXO III

Ourense. Inventario de bens, dereitos e obrigas que constitúen o patrimonio da Cámara da Propiedade Urbana de Ourense o 20 de febreiro de 2001.

Pesetas

I. VALORACIÓNS DE BENS E DEREITOS:

Patrimonio adquirido con cargo á cota obrigatoria
1. Patrimonio inmobiliario:
Edificio rúa A Habana, 1 297.214.000
2. Patrimonio mobiliario:
Mobiliario de oficina, equipos para procesos de información 1.077.145
3. Tesourería 116.756.017

Total bens e dereitos 415.047.162

II. VALORACIÓN DE OBRIGAS:

1. Remuneracións pendentes de pagamento:
Salarios 328.016
Indemnizacións 3.955.143

Total obrigas 4.283.159

ANEXO IV

Pontevedra. Inventario de bens, dereitos e obrigas que constitúen o patrimonio da Cámara da Propiedade Urbana de Pontevedra o 20 de febreiro de 2001.

Pesetas

I. VALORACIÓNS DE BENS E DEREITOS:

Patrimonio adquirido con cargo á cota obrigatoria
1. Patrimonio inmobiliario:
Inmoble Paseo de Cervantes, 4 224.890.000
2. Patrimonio mobiliario:
Mobiliario de oficina, equipos para procesos de información 911.604
3. Tesourería 22.254.409
4. Debedores:
Arrendamentos 1.000.445
5. Fianzas Instituto Galego da Vivenda e Solo 602.000

Total bens e dereitos 249.658.458

II. VALORACIÓN DE OBRIGAS:

1. Remuneracións pendentes de pagamento:
Salarios 1.155.440
Indemnizacións 5.613.510
2. Fianzas Instituto Galego da Vivenda e Solo 602.000

Total obrigas 7.370.950

ANEXO V

Ferrol. Inventario de bens, dereitos e obrigas que constitúen o patrimonio da Cámara da Propiedade Urbana de Ferrol o 20 de febreiro de 2001.

Pesetas

I. VALORACIÓNS DE BENS E DEREITOS:

Patrimonio adquirido con cargo á cota obrigatoria
1. Patrimonio inmobiliario:
Local rúa Dolores, 28 59.991.000
2. Patrimonio mobiliario:
Mobiliario de oficina, equipos para procesos de información 698.822
3. Tesourería 10.499.259

Total bens e dereitos 71.188.481

Pesetas

II. VALORACIÓNS DE OBRIGAS:

Instituto Galego da Vivenda e Solo 372.355

Total obrigas 372.355

ANEXO VI

Santiago de Compostela. Inventario de bens, dereitos e obrigas que constitúen o patrimonio da Cámara da Propiedade Urbana de Santiago o 20 de febreiro de 2001.

Pesetas

I. VALORACIÓNS DE BENS E DEREITOS:

Patrimonio adquirido con cargo á cota obrigatoria
1. Patrimonio inmobiliario:
Inmoble Rúa Doutor Teixeiro, 26 145.205.000
2. Patrimonio mobiliario:
Mobiliario de oficina, equipos para procesos de información 396.446
3. Tesourería 804.510
4. Debedores:
Por arrendamentos 264.567

Total bens e dereitos 146.670.523

II. VALORACIÓN DE OBRIGAS:

1. Organismos da Seguridade Social acredores:
Seguridade Social 11.858.555
Mutualidade persoal 772.742
2. Facenda Pública acredora por conceptos fiscais:
Por IVE 1.239.431
Por retencións practicadas 2.584.987
Por impostos sobre sociedades 2.796.265
IBI 897.296
3. Remuneracións pendentes de pagamento:
Salarios 5.559.745
Indemnizacións 3.751.720
4. Servicios exteriores:
Servicios de profesionais independentes 432.949
5. Instituto Galego da Vivenda e Solo 3.105.855

Total obrigas 32.999.545

ANEXO VII

Vigo. Inventario de bens, dereitos e obrigas que constitúen o patrimonio da Cámara da Propiedade Urbana de Vigo o 20 de febreiro de 2001.

Pesetas

I. VALORACIÓNS DE BENS E DEREITOS:

Patrimonio adquirido con cargo á cota obrigatoria
1. Patrimonio inmobiliario:
Local rúa Uruguai, 4-2º 56.200.000
2. Patrimonio mobiliario:
Mobiliario de oficina, equipos para procesos de información 610.889
3. Tesourería 44.348.790

Total bens e dereitos 101.159.679

II. VALORACIÓN DE OBRIGAS:

1. Remuneracións pendentes de pagamento:
Indemnizacións 1.214.100

Total obrigas 1.214.100