Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.709

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de marzo de 2001, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Polo Decreto 297/2000, do 21 de decembro (DOG nº 4, do 5 de xaneiro de 2001) modificouse a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de que a reasignación de funcións e competencias que realiza posibiliten a implantación do Sistema de Información para a Educación Galega (Siega).

Todo isto, así como a necesidade de adecua-lo cadro de persoal dos centros de ensino xa existentes e dos de nova creación ás súas necesidades de funcionamento, fan necesario modifica-la vixente relación de

postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

En consecuencia, por proposta da dita consellería, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do oito de marzo de dous mil un, adoptou o seguinte,

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nos termos que se sinalan nos anexos ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación das ditas modificacións no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación de acordo coas motivacións que se especifican os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

ED.C02.00.001.15770.011Xefe Sección Xestión Económica e Habilitación.Posto de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.

ED.C02.00.001.15770.040

ED C02.00.001.15770.041

Inspector/a Servicios Educativos Complementarios

Inspector/a Servicios Educativos Complementarios

Postos de confianza e especial responsabilidade na función inspectora por tratar temas moi sensibles.

ED C02.00.001.15770.052

ED C02.00.001.15770.053

ED C02.00.001.15770.080

ED C02.00.001.15770.090

ED C02.00.001.15770.094

Xefe Subárea de Informática Educativa

Xefe Subárea de Atención a Usuarios

Xefe Subárea de Desenvolvemento

Xefe Subárea de Sistemas

Xefe Subárea de Comunicacións

Postos de confianza e especial responsabilidade polos datos que teñen baixo a súa custodia

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do oito de marzo de dous mil un, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública