Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.709

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 2 de febreiro de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de febreiro de 2001, polo que se aproba a relación de postos de traballo dos servicios veterinarios oficiais de saúde pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 33, do 15 de febreiro de 2001, cómpre efectua-la oportuna corrección:

Na páxina 2.024, no centro de destino: Servicio Veterinario de Saúde Pública (zona: Ferrol), e no posto co código SA.C99.20.003.15350.014, inspector veterinario de Saúde Pública comarca Ferrol na columna corpo/escala, onde di: «Xeral», debe dicir: «Especial».