Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: é a contratación por concurso, con procedemento aberto, da obra que se indica a seguir:

Obra: ampliación do cemiterio municipal de Cedeira.

Orzamento: 24.813.639 pesetas.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría C.

Pregos e proxectos.

Rexerá o prego de cláusulas administrativas particulares que figura no expediente e que poderá ser examinado conxuntamente co proxecto na secretaría do concello, durante o prazo de presentación de proposicións e en horas de oficina.

Presentación de proposicións.

No Rexistro Xeral de Entrada de documentos do concello, das nove ás trece horas, dentro do prazo dos vinteseis días naturais seguintes, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou da publicación do prego de cláusulas no BOP, en tres sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, e coa documentación esixida na cláusula III.2 do prego de cláusulas.

Apertura de proposicións.

En acto público, ás trece horas do primeiro mércores hábil seguinte á data en que remate o prazo de presentación de proposicións.

Proposicións.

Presentaranse axustadas ó seguinte modelo:

«Don/a... con DNI nº... natural de... provincia de..., maior de idade e con domicilio en... r/... teléfono... actuando en nome (propio ou da empresa á que represente), manifesta que é coñecedor do anuncio publicado no (BOP ou DOG), con data do... conforme con tódolos requisitos e condicións que se esixen para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, o contrato de... e do prego de cláusulas administrativas, prego de prescricións técnicas, proxecto de obras e proxecto de seguridade e saúde que rexerá o dito concurso, e na representación que posúe, comprométese a asumi-lo cumprimento do citado contrato polo prezo alzado de... pesetas. Lugar, data e sinatura do propoñente».

Modelo de sobre.

«Proposición para tomar parte na contratación das obras de ampliación do cemiterio municipal de Cedeira, 2ª fase, presentada por...

En... o... de... de 2001».

Os gastos derivados deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Cedeira, 12 de marzo de 2001.

O alcalde-presidente

Rubricado