Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a adquisión de servidores NT (S/192-2001).

Obxecto e orzamento: adquisicón de servidores NT por un importe máximo de dezaseis millóns cincocentas mil pesetas (16.500.000 ptas., IVE incluído) equivalentes a 99.167 euros.

Solvencia económica, financeira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto na cláusula 18 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2001.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2 - 2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Garantías: non se esixen.

Admisión de variantes: non se admiten.

Criterios de adxudicación: ver cláusula 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de con

tratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Dirextor xeral da División de Recursos

Económicos