Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 2/2001, polo procedemento aberto e tramitado con carácter ordinario, para a contratación do servicio de xestión e mantemento integral de aparellos médicos, instalacións eléctricas de locais de práctica médica, autoclaves de esterilización e equipos de comunicacións deste complexo hospitalario.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo único, alínea i), da Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), sobre delegación de competencias, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, modificada pola do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), convoca o seguinte concurso público nº 2/2001.

1. Entidade adxudicadora: Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52, 32005-Ourense.

a) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais.Unidade de Contratación (edificio administrativo, planta baixa), teléfono: 988 38 56 91, fax: 988 38 55 50.

2. Categoría do servicio e descrición:

a) Categoría: 1.

b) Descrición: xestión e mantemento integral da aparellaxe médica, instalacións eléctricas de locais de práctica médica, autoclaves de esterilización e equipos de comunicacións do Complexo Hospitalario de Ourense.

c) Orzamento máximo de licitación autorizado: 321.680.000 pesetas para o período total da execución do contrato, IVE incluído (1.933.335,74 euros), distribuído por lotes, segundo se indica:

Lote 1: 51.270.000 pesetas (308.138,91 euros); lote 2: 30.490.000 pesetas (183.248,59 euros); lote 3: 29.700.000 pesetas (178.500,60 euros); lote 4: 42.380.000 pesetas (254.708,93 euros); lote 5: 7.840.000 pesetas (47.119,35 euros) e lote 6: 160.000.000 de pesetas (961.619,37 euros).

3. Lugar de execución: tódolos centros que conforman o complexo hospitalario (ver prego de prescricións técnicas).

4. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten para unha parte do servicio de que se trate: si, poderase licitar a un lote, a varios ou á totalidade deles.

5. Variantes: non se admiten.

6. Prazo de execución: 2 anos, contados desde a sinatura do contrato.

7. Solicitude de documentación:

a) Entidade: véxase o punto 1.

Días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

b) Prazo para efectua-la solicitude: 16 de abril 2001.

8.a) Persoas admitidas a asistir á apertura de plicas: acto público.

b) Data, hora e lugar: 2 de maio de 2001 (9 h).

Sala de xuntas da Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais do Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52, Ourense.

9. Garantías esixidas: fianza provisional: 2% do orzamento máximo de licitación autorizado; fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación (ver prego de cláusulas administrativas particulares).

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

12.a) Solvencia económica, financeira e técnica: si, para licitar ó lote 5.

b) Clasificación económica: si, para licitar á totalidade ou ós lotes 1, 2, 3, 4 ou 6 (ver número 18 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares).

13. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de plicas.

14. Criterios de adxudicación: melloras do prego de prescricións técnicas: 30 puntos; medios persoais, cadros técnicos e material da empresa, así como os asignados ó hospital: 25 puntos; prezo: 20 puntos; cualificación profesional no mantemento de equipos electromédicos: 15 puntos; informatización técnica: 10 puntos.

15. Información complementaria:

Data límite de recepción das ofertas: 21 de abril de 2001 (14 h).

Enderezo ó que se enviarán as ofertas: Complexo Hospitalario de Ourense, rexistro xeral (edificio administrativo, planta baixa), rúa Ramón Puga, 52, 32005 - Ourense.

Linguas nas que se redactarán as ofertas: castelán ou galego.

Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: non se publicou.

Anuncios: o pagamento dos anuncios será a cargo do/s adxudicatario/s.

16. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 28 de febrero de 2001.

17. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Ourense, 21 de febreiro de 2001.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense