Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: é a contratación por concurso, con procedemento aberto, da subministración que se indica a seguir:

Subministración: adquisición de equipo recolector de 3 m.

Orzamento: 8.000.000 de pesetas.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Pregos e proxectos.

Rexerá o prego de cláusulas administrativas particulares que figura no expediente, e que poderá ser examinado na secretaría do concello, durante o prazo de presentación de proposicións e en horas de oficina.

Presentación de proposicións.

No Rexistro Xeral de Entrada de documentos do concello, das nove ás trece horas, dentro do prazo dos quince días naturais seguintes, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou da publicación do prego de cláusulas no BOP, en tres sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, e coa documentación esixida na cláusula III.4 do prego de cláusulas.

Apertura de proposicións.

En acto público, ás trece horas do primeiro mércores hábil seguinte á data en que remate o prazo de presentación de proposicións.

Proposicións.

Presentaranse axustadas ó seguinte modelo:

«Don/a... con DNI nº... natural de... provincia de..., maior de idade e con domicilio en... r/... teléfono... actuando en nome (propio ou da empresa á que represente), manifesta que é coñecedor do anuncio publicado no (BOP ou DOG), con data do... conforme con tódolos requisitos e condicións que se esixen para adxudicar mediante concurso, o contrato de... e do prego de cláusulas administrativas, e prescricións técnicas, que rexerá o dito concurso, e na representación que posúe, comprométese a asumi-lo cumprimento do citado contrato polo prezo alzado de... pesetas, segundo o orzamento detallado que se xunta, das unidades que compoñen a subministración. Lugar, data, sinatura e selo».

Modelo de sobre.

«Proposición para tomar parte na contratación da subministración: adquisición de equipo recolector de 3 m, presentada por...

En... o... de... de 2001».

Os gastos derivados deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Cedeira, 12 de marzo de 2001.

O alcalde-presidente

Rubricado