Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se anuncia concurso aberto, para a concesión da xestión de cafetería do Centro Galego de Arte Contemporánea.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

a) Organismo: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

c) Enderezo: rúa Valle Inclán s/n, 15704 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 66 17, fax: 981 54 66 25.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: concesión.

b) Descrición do obxecto: xestión do servicio de cafetería do CGAC.

3. Canon mínimo de concesión:

Importe: cento vinte mil pesetas anuais (120.000).

4. Prazo de vixencia: un ano prorrogable.

5.Fianzas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: cincocentas mil pesetas (500.000).

6. Clasificación do contratista: non se esixe.

7. Presentación de propostas:

a) Lugar: rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio San Caetano, bloque 3, 2º piso, 15711 Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e terminará o décimo quinto día natural, ás catorce horas; se o último día fose inhábil prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en tres sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores: os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas particulares e prescricións técnicas.

9. Modelo de proposición: o que figura como anexo no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: tódolos interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea e nas delegacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

11. Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ás 12 horas do quinto día seguinte á data de remate do prazo de presentación de ofertas polos interesados; se o último día fose sábado ou inhábil prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

12. Anuncios: os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2001.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural