Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto, para a contratación da obra de adaptación e reparación da residencia da terceira idade de Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais-Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adaptación e reparación da residencia da terceira idade de Santiago de Compostela.

b) Lugar de execución: Rúa das Rodas, 2, Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: vintetrés millóns setecentas noventa e oito mil cento dezaséis (23.798.116) pesetas; (143.030 euros) IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: dispensada.

6. Obtención de documentación e información:

6.1. Información:

a) Entidade: Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n-Edificio Pirámide.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela. Tel. 981 54 56 77; fax 981 54 56 63.

d) Internet: www.sergas.es.

6.2. Documentación:

Domicilio: r/ Xeral Pardiñas, 2, Santiago de Compostela. Tel. 981 59 03 02.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo C, subgrupo 4, categoría d).

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario.

b) Documentación requirida: a sinalada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano, s/n, 2ª planta, Santiago de Compostela).

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n, edificio Pirámide (Sala de Xuntas).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural seguinte ó de remate de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos dos anuncios: o pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2001.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Corina Porro Martínez

Directora xeral de Servicios Sociais