A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso, do seguinte contrato de obras:
Rehabilitación da igrexa de Santo Estevo de Atán. Ferreira de Pantón (Lugo).
-Orzamento de licitación: corenta millóns catrocentas cincuenta e cinco mil duascentas sesenta e nove pesetas (40.455.269 ptas.= 243.141,07 euros), IVE incluído.
-Prazo de execución: doce (12) meses.
-Garantía provisional: dispensada.
-Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c.
- Exposición da documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto de obra estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións,
das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=215.
-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.
-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.
O importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2001.
P.D. (Orde 15-12-1997)
Andrés González Murga
Secretario xeral da Consellería de Cultura,
Comunicación Social e Turismo