Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (4/2001).

A Alcaldía Presidencia, con data do 5 de marzo de 2001, dictou a seguinte resolución:

«Primeiro.-Incoar expediente para a aprobación de bases e estatutos da Xunta de Compensación que se constituirá para a execución do polígono G7.01 (rúa do Pozo) do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente.

Segundo.-Aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos presentado por Jorge Otero Sánchez en nome e representación da comisión xestora constituída para estes efectos.

Terceiro.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, así como a publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo o modelo oficial que se xunta, facultando a comisión

xestora, e no seu nome a César Pérez Maldonado como secretario dela para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente».

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 133.4º en relación do 102, ambos da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (BOE nº 103, do 30 de abril), advertindo os interesados de que o expediente se encontra ó seu dispor nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na avda. da Mariña nº 18, entre as 12 e as 14 horas de luns a venres durante o prazo de 20 días contados a partir da publicación ou notificación do acordo que se traslada, onde poderá consultalo e presentar cantas alegacións teña por convenientes na defensa dos seus dereitos.

A presente resolución producirá tamén os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para aqueles supostos de interesados ós que non poidan serlles practicada a notificación persoal.

A Coruña, 7 de marzo de 2001.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda