Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANAS

EDICTO.

Segundo o establecido no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 8 de febreiro de 2001, acordou tomar coñecemento do avance do Plan xeral de ordenación municipal e abrir un período de información pública polo prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá examinarse o devandito avance na casa do concello en horario de oficina; as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes no devandito prazo.

Cabanas, 14 de febreiro de 2001.

Modesta Anca Rico

Alcaldesa