Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia As2001/12).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Depedencia: Sección de Contratación. b) Nº de expediente: As2001/12.

2. Obxecto do contrato: proxecto vacacional verán 2001. Divírtete no verán.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento: o orzamento do programa é de 8.900.000 pesetas, das cales 3.650.000 pesetas corresponden ás cuotas que aboarán os participantes nos campamentos, que recadará a empresa contratista da prestación do servicio e 5.250.000 pesetas (IVE engadido) (31.553,135 euros) a cantidade que achegará o concello para a súa realización. As proposicións económicas dos licitadores non poderán exceder deste orzamento.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: contratacion *aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non esixible.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia,

finalizado ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación requirida: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xera de Entrada.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 12 de marzo de 2001.

P.D.

Carlos Gónzalez-Garcés

Tenente de alcalde