Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-158/2000, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non o efectuaren voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 6 de febreiro de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente nº: P-158/2000.

Denunciado: Manuel Pereira Esteves.

DNI: X-2483538-K.

Enderezo: avd. dos Remedios, nº 21. Rábade. Lugo.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial nun lugar prohibido (canle de derivación de auga do muíño de Trabanca), carecendo da preceptiva licencia de pesca, así como empregar unha rede fixada en dúas bocas de saída das augas do muíño, sen estar en posesión da correspondente autorización concedida pola Consellería de Medio Ambiente. Feitos constatados o día 21-5-2000, ás 17.30 h no río Miño-marxe dereita do lugar de Trabanca. Begonte. Lugo.

Precepto sancionador: 35.2º; 34.1º; 34.6º da Lei 7/1992, de pesca fluvial en Galicia.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 550.000 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dous anos.