Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Confederación Unión del Comercio.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Confederación Unión del Comercio, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita confederación as asociacións e federacións de comercio de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Emilio Fraga Bermúdez, representante da asociación Agrupación de Comerciantes de Santiago (Acotés) e catorce persoas máis representando a outas asociacións de comerciantes.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais