Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.618

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorgan destinos correspondentes ó concurso de traslados do 4 de setembro de 2000, polo que se ofertaban prazas vacantes dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Visto o expediente instruído como consecuencia do concurso de traslados convocado por Resolución do 4 de setembro de 2000 (BOE e DOG do 12 de setembro) para cubri-las prazas vacantes entre oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Esta dirección xeral, de conformidade co disposto nos artigos 455 e 494 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e os artigos 54, 55 e 57 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer públicos os destinos que con carácter definitivo se adxudicaron ós funcionarios que participaron no concurso de traslados convocado por resolución da data mencionada anteriormente, que se corresponden cos relacionados no anexo I da resolución da convocatoria.

Segundo.-Excluír do concurso de traslados os funcionarios que no anexo II se relacionan.

Terceiro.-Declarar caducadas as instancias presentadas polos participantes no presente concurso que non obtiveron destino, polo que non se terán en conta en futuros concursos de traslados.

Cuarto.-Declarar desertas as prazas non adxudicadas no presente concurso salvo que se pretendan amortizar mediante modificación do cadro de persoal orgánico ou reordenación de efectivos dun centro de traballo, polo que se cubrirán na forma prevista no artigo 458 da Lei orgánica do poder xudicial por funcionarios de novo ingreso.

Quinto.-O cesamento deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, tendo que tomar posesión do novo destino obtido por concurso nos tres días naturais seguintes ó cesamento, se non hai cambio de localidade, ou nos 10 días naturais seguintes no caso contrario. O prazo para tomar posesión será retribuído pola Administración competente respecto á praza obtida en concurso.

Se a resolución comporta reingreso no servicio activo á Administración de xustiza nos corpos de oficiais, auxiliares ou axentes, o prazo posesorio deberá de

computarse desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, mais neste caso o dito prazo non resulta retribuído, xa que se produce antes de formalizarse o reingreso nos corpos de oficiais, auxiliares ou axentes e, polo tanto, non pode ser computado como de servicios efectivos.

No caso do que os funcionarios reingresados por medio do presente concurso se atopen en activo noutro corpo e non desexaran que se lles interrompese a súa relación de servicio coa Administración, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectua-la toma de posesión, poderán solicitar ó presidente, xuíz, fiscal ou xefe do organismo do seu actual destino, un permiso retribuído dun día cando teña lugar dentro da mesma localidade ou de dous en caso contrario, agás aqueles casos en que haxa que desprazarse ás Canarias, Illas Baleares, Ceuta ou Melilla, casos en que o permiso poderá ser de ata tres días (artigo 66.1º g do Regulamento orgánico), tendo o cesamento no seu anterior destino data inmediatamente anterior á da súa posesión na nova praza de reingreso.

Esta Comunidade Autónoma ou aquela Administración competente concederálle-la excedencia de oficio no corpo de procedencia se esta se produce nun corpo ó servicio da Administración de xustiza, e o cesamento neste destino terá data anterior á da súa posesión nos corpos de oficiais, auxiliares ou axentes co obxecto de evita-la interrupción na percepción dos seus haberes.

Os funcionarios interinos que actualmente ocupen as prazas adxudicadas cesarán como consecuencia da posesión do seu titular.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a directora xeral de Xustiza no praxo dun mes segundo establece o artigo 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, segundo o establecido nos artigos 14 e 46, respectivamente, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, ámbolos recursos desde o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2001.

P.D. (Orde 12-12-2000)

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local

ANEXO II

COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA-EXCLUÍDOS

Oficiais:

Abal González, Mª Carmen4

Álvarez García, Mª Dolores4

Arias Alvaredo, Manuel4

Cazón Lamas, Carmen4

Cerviño Cotelo, Mª José5

Devesa Turnéz, Mª Jesús5

Díaz Pérez, Ángela 5

Fernandez Rodríguez, Mª Sol 4

Fernandez Vilar, Gumersindo 5

Gallego Puga, Mª Nieves 5

Gómez Pérez, Ana Belén 5

Gonzalez Martínez, Manuela 5

Gutiérrez López, José 4

Lafuente Vila, Víctor Manuel 5

Martín Martín, Rosalía 5

Mouriño Collazo, Elisa Mª 5

Nieto Bouza, Lucía 5

Novo Colldefors, Mª Dolores 4

Pereira Fernández, Mª Luisa 5

Pérez Sánchez, Mª José 5

Prieto Ulfe, José Manuel 4

Roca Soto, Juan Ángel 4

Soengas Maneiro, Mª Carmen 5

Valín Pardo, Marta 5

Vázquez Álvarez, Mª José 5

Vidal Martínez, Mª Luisa 5

Auxiliares:

Alvar Afonso, Mª Elena 1

Araújo López, María Concepción 4

Campo Portela, María Inmaculada del 5

Conde Castro, Francisco José 2

Fernández Borrajo, Lucía 5

Frias Fiuza, Álvaro 5

Gil García, María Elisa 4

González Cendán, Antonio 5

González Escudero, María Eugenia 5

González Jorge, Digna 4

González Pérez, José 5

Martínez Lourido, Mª del Carmen2

Paz Pérez, José Luis 5

Pereira González, Mª José 4

Quiroga Pérez, Mª Rosa 2 e 4

Ramos Iglesias, Beatriz 5

Rodríguez González, Silvia 4

Axentes:

Aguilera Navarro, María José 4

Álvarez Méndez, Lucía 8

Ares Vázquez, Laura María 5

Brage Mendia, María Dolores 5

Fernández Bailón, María Teresa 4

Freiria Tato, José Ángel 4

Loureiro Insua, Luis 4

Pérez Rodríguez, María Carmen 5

Pocina Piñeiro, Marta 1 e 4

Ramos Ferreiro, José Manuel 4

Rivera Cid, Marta 5

Saavedra Hermida, María Dolores 4

Vázquez Gil, Ignacio 4

Vila González, Antonio 5

Códigos de exclusión:

1. Non levar un ano no seu anterior destino (base segunda 1).

2. Presentación fóra de prazo (base cuarta 1, 2, 3, e 4).

3. Faltar fotocopia da instancia do funcionario/a con quen condiciona (base quinta).

4. Discrepancia entre código informático e o seu literal (base cuarta).

5. Por ter obtido destino en concurso resolto provisoria ou definitivamente con posterioridade á data do final do prazo de presentación de instancias do concurso actual.

6. Renuncia dentro do prazo (base cuarta 7).

7. Por non ter asinado a instancia (base cuarta 1, 2, e 3).

8. Por ter participado en dous corpos (base cuarta 6).