Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2001 Páx. 3.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto da alcaldía do día 8 de marzo de 2001, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación mediante concurso con procedemento aberto por tramitación urxente para a contratación dun traballo de análise de impacto de implantación de grandes superficies comerciais no municipio de Carballo, o cal se expón ó público por prazo de oito días contados a partir do seguinte

ó da inserción do último anuncio no DOG no BOP ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación se adiará canto resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación:

4.000.000 de pesetas (24.043,08 euros).

Prazo de execución: 3 meses.

Fianza provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do terceiro día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sábado en que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións :

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación en horario de 9 a 14 horas, dentro do prazo de trece (13) días naturais contados dende o día seguinte ó da última publicación.

Documentación: presentaranse en 3 sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 12 de marzo de 2001.

Manuel Varela Rey

Alcalde