Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2001 Páx. 3.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERCEDA

ANUNCIO de concurso.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP, o Concello de Cerceda anuncia a contratación de obra de ampliación de parque acuático, incluída a redacción de proxecto técnico, por concurso, en procedemento aberto e trámite de urxencia, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: o indicado.

2. Tipo de licitación: 70.000.000 de ptas.

3. Publicidade do prego de cláusulas administrativas: estará de manifesto en Secretaría.

4. Fianza provisional: 1.400.000 ptas.

5. Presentación de proposicións: durante os trece días naturales seguintes a publicación do anuncio no BOP.

6. Modelo de proposición: o recollido no prego.

Cerceda, 13 de marzo de 2001.

José García Liñares

Alcalde-presidente