Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2001 Páx. 3.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2001, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), pola que se anuncia o concurso público 1/2001 (lote único), por procedemento aberto, para a contratación do servicio de limpeza no centro de saúde de Caranza, nos centros de saúde e nos PAC de Narón e Ortigueira, nos consultorios de Manuel Comellas, Pedroso, O Val e Mera, e no departamento de subministracións, dependentes desta xerencia.

A Dirección-Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento.

Servicio de limpeza no centro de saúde de Caranza, nos centros de saúde e nos PAC de Narón e Ortigueira, nos consultorios de Manuel Comellas, Pedroso, O Val e Mera, e no departamento de subministracións, dependentes desta xerencia.

Importe: 36.000.000 de ptas./ano (216.364,36 euros/ano).

Neste importe inclúese o IVE.

Prazo de vixencia: 1 ano desde a data de entrada en vigor do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode solicitarse na Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (departamento de subministracións), polígono da Gándara, parcela 35, 15407 Ferrol, en días laborais de 9 a 14 horas.

Fianzas.

a) Provisional: o 2% do importe de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Definitiva: o 4% do importe de adxudicación.

Clasificación:

Grupo III, subgrupo 6, categoría B.

Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia económica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (ambulatorio Fontenla Maristany), praza de España, 19-20, Ferrol, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares. Se ese día coincide en festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do ambulatorio Fontenla Maristany de Ferrol, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. En caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentos que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

1º Prezo ofertado: ata 50 puntos.

2º Calidade técnica: ata 50 puntos.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Ferrol, 17 de xaneiro de 2001.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol