En cumprimento do disposto nos artigos 172.1º e 180 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publicado no Boletín Oficial del Estado nº 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte anuncio de licitación para a subministración de material audiovisual para as unidades administrativas do Parlamento de Galicia correspondente ó ano 2001.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Parlamento de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.
c) Número de expediente: 3/2001.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de material audiovisual para as unidades administrativas do Parlamento de Galicia correspondente ó ano 2001.
b) División por lotes e número: lote nº 1, material inventariable; lote nº 2, material non inventariable.
c) Lugar de execución: Parlamento de Galicia.
d) Prazo de entrega: non será superior a un mes a partir do día seguinte ó da notificación da súa adxudicación.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Lote nº 1, material inventariable: 1.484.500 pesetas (8.922,02 euros).
Lote nº 2, material non inventariable: 4.115.620 pesetas (24.735,4 euros).
Orzamento total: 5.600.120 pesetas. (33.657,4 euros).
5. Garantías.
Provisional: lote nº 1, material inventariable: 29.690 pesetas (178,4 euros).
Lote nº 2, material non inventariable: 82.312 pesetas (494,70 euros).
Definitiva: o 4% do orzamento do contrato.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Parlamento de Galicia (BOPG nº 707, do 2 de marzo de 2001, c.e. BOPG nº 709, do 5 de marzo de 2001).
b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.
d) Teléfono: 981 55 13 00.
e) Telefax: 981 55 14 09.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.
7. Requisitos específicos do contratista.
Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: dentro dos quince días naturais seguintes ó da publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a citada nos pregos de cláusulas administrativas particulares (BOPG nº 707, do 2 de marzo de 2001, c.e. BOPG nº 709, do 5 de marzo de 2001).
c) Lugar de presentación: Rexistro do Parlamento de Galicia.
1ª Entidade: Parlamento de Galicia.
2ª Enderezo: r/ Hórreo, 63.
3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): dous meses.
e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Parlamento de Galicia.
b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: ós cinco días hábiles seguintes ó do remate de presentación de proposicións.
e) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas depositados no rexistro xeral do Parlamento e publicados no BOPG nº 707, do 2 de marzo de 2001, c.e. BOPG nº 709, do 5 de marzo de 2001.
11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2001.
José María García Leira
Presidente do Parlamento de Galicia