Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2001 Páx. 3.544

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 13 de marzo de 2001 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados levada a cabo pola Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG nº 248, do 27 de decembro) e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, elevada polo correspondente tribunal e publicada no DOG nº 51, do 13 de marzo de 2001, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal de aspirantes que superaron o proceso selectivo, publicándose como anexo da presente orde.

Segundo.-Os aspirantes que figuren no dito anexo deberán remitir, no prazo de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral de Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública os documentos a que se refire a base V.1 da orde da convocatoria.

Terceiro.-Contra a presente orde que pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados, desde o día seguinte ó da súa publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Relación definitiva de aspirantes que superaron

o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia

(grupo A), escala de letrados

DNI: 32.829.089.

Apelidos e nome: Solar Jimeno, Natalia.

Puntuación: 83,51.

DNI: 46.569.317.

Apelidos e nome: Novoa Suárez, María Jesús.

Puntuación: 77,28.