Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2001 Páx. 3.542

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, odepósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2001, do convenio colectivo para o sector de limpeza de edificios e locais, con nº de código 3600895, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-1-2001, subscrita pola comisión paritaria do convenio, en data 24-1-2001. De conformidade co disposto no artigo 5 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 2 de febreiro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector da limpeza de

edificios e locais da provincia de Pontevedra

Asistentes:

CC.OO.:

Carmen Segurana Bedrina.

UGT:

Rosa Mª Acuña.

CIG:

Mª do Tránsito Fernández.

Representación empresarial:

Mª Carmen Valcárcel Digón. Eulen.

Salvador Fernández de la Cigoña Fraga. El impecable.

Lino Gil Villanueva.

Secretaria de actas:

Ana Mª Martín Herrero.

En Vigo, nos locais do SMAC, sendo as dez horas do día vintecatro de xaneiro de dous mil un, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra co obxecto de aplica-la cláusula establecida no artigo 5 do convenio. Asisten as persoas indicadas anteriormente.

O parágrafo segundo do artigo 5, salarios, establece que en caso de que o IPC rexistrase o 31-12-1999 un incremento superior ó 2,2% e a 31-12-2000 un incremento superior ó 2,5%, o exceso incrementarase a táboa salarial correspondente ó ano 2000. A dita táboa incrementada servirá de base para a negociación do seguinte convenio.

O IPC o 31-12-1999 foi do 2,9% e a 31-12-2000 do 4%. Por tanto, procede unha revisión da táboa salarial do ano 2000 do 2,2%, co obxecto de que sirva de base para a negociación do convenio do ano 2001.

A seguir procédese a aplica-la devandita porcentaxe de incremento sobre as táboas salariais, complemento de transporte, complemento de asistencia e axudas de custo, que quedan como segue con efectos do 1-1-2001:

-Táboa salarial: anexo.

-Complemento de transporte: 10.470 pesetas (dez mil catrocentas setenta) mensuais. Por cada día de ausencia ó traballo descontarase a cantidade de 476 pesetas.

-Complemento de asistencia: 7.450 pesetas (sete mil catrocentas cincuenta). Por cada día de ausencia ó traballo descontarase a cantidade de 338 pesetas.

-Axudas de custo:

a) Media axuda de custos: 2.034 pesetas/día.

b) Axuda de custos completa: 3.614 pesetas/día.

c) Con pernoita: 6.024 pesetas/día.

Ámbalas partes acordan a súa remisión á autoridade laboral para efectos do seu rexistro e posterior publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as once horas do día arriba indicado.

ANEXO

Táboas de salarios

Limpeza de edificios e locais

Grupo I. Persoal directivo e técnico
-Subgrupo I. Persoal directivo
Director233.831
Director comercial212.323
Director administrativo212.323
Xefe de persoal212.323
Xefe de compras212.323
Xefe de servicios212.323
-Subgrupo II. Persoal titulado
Titulado grao superior168.361
Titulado grao medio149.565
Titulado laboral ou profesional127.198
Grupo II. Persoal administrativo
Xefe administrativo de 1ª159.005
Xefe administrativo de 2ª148.717
Caixeiro134.687
Oficial de 1ª127.200
Oficial de 2ª113.177
Auxiliar99.140
Telefonista98.154
Cobrador98.154
Aspirante61.680
Grupo III. Mandos intermedios
Encargado xeral148.744
Supervisor ou encargado de zona134.688
Supervisor ou encargado de sector123.474
Encargado de grupo ou edificio106.819
Responsable de equipo102.531
Grupo IV. Persoal subalterno
Ordenanza98.155
Almaceneiro98.155
Listeiro98.155
Vixilantes98.155
Botóns61.680
Grupo V. Persoal obreiro
Especialistas108.223
Peón especialista99.175
Limpador ou limpadora98.133
Conductor limpador116.574
Grupo VI. Persoal oficios varios
Oficial108.214
Axudante99.175
Peón98.133
Aprendiz de 16 e 18 anos61.680