Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2001 Páx. 3.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/12-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º ofic. 2, 36201 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. e C.T. Barreiro.

Situación: Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 64 m de lonxitude, cun apoio metálico e outro de formigón, desde a L.M.T. ó C.T. Salceda de Caselas-Igrexa ata o C.T. que se proxecta en Barreiro, no concello de Salceda de Caselas. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15/20 kV-230/398 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 17 de xaneiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra