Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2001 Páx. 3.530

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de febreiro de 2001 pola que se autoriza o centro de estudios Marcote de Vigo para impartir bacharelato das modalidades de tecnoloxía e artes, segundo os datos do anexo.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do Centro de Estudios Marcote de Vigo (Pontevedra), solicitando autorización para impartir bacharelato das modalidades de tecnoloxía e artes.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo Centro de Estudios Marcote de Vigo (Pontevedra), para impartir bacharelato das modalidades de tecnoloxía e artes, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo do dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Cabral.

Enderezo: avda. do Ponte nº 82.

Código do centro: 36019116.

Denominación: Centro de Estudios Marcote.

Titular: Centro de Estudios Marcote, S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

4 unidades de bacharelato das modalidades de tecnoloxía e artes.

Composición resultante:

a) Centro de educación secundaria:-4 unidades de bacharelato das modalidades de tecnoloxía e artes.

b) Centro de formación profesional específica:

* Familia profesional de administración:-1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).

* Familia profesional de comunicación, imaxe e son:-1 ciclo formativo de grao medio de laboratorio de imaxe (1 unidade para 30 postos escolares).-1 ciclo formativo de grao superior de imaxe (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de producción de audiovisuais, radio e espectáculos (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de realización de audiovisuais e espectáculos (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de son (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).

* Familia profesional de informática:-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).

* Familia profesional de sanidade:-1 ciclo formativo de grao superior de dietética (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).

* Familia profesional de servicios socioculturais e á comunidade:-1 ciclo formativo de grao superior de animación sociocultural (1 unidade para 30 postos escolares/unidade).