Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2001 Páx. 3.529

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de febreiro de 2001 pola que se autoriza o centro privado Marcote de Vigo para impartir educación secundaria obrigatoria e bacharelato, segundo os datos do anexo.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Marcote de Vigo (Pon

tevedra), solicitando autorización para impartir 8 unidades de educación secundaria obrigatoria e 8 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, e humanidades e ciencias sociais.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Marcote de Vigo (Pontevedra), para impartir 8 unidades de educación secundaria obrigatoria e 8 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, e humanidades e ciencias sociais, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo do dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Cabral.

Enderezo: avda. do Ponte nº 80.

Código do centro: 36015822.

Denominación: Centro Marcote.

Titular: Colegio Marcote, S.L.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: -8 unidades de educación secundaria obrigatoria.-8 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, e humanidades e ciencias sociais.