Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2001 Páx. 3.529

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 16 de marzo de 2001 pola que se modifica o nomeamento de membros do Consello Galego de Cooperativas.

Por Orde do 26 de febreiro de 2001(DOG nº 51, do 13 de marzo), nomeáronse membros do Consello Galego de Cooperativas segundo o procedemento establecido no Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, regulador da organización e funcionamento deste órgano.

Por iniciativa da Federación Galega de Municipios e Provincias e de acordo co previsto no citado decreto, cómpre a substitución do titular nomeado como representante desta no consello. Como consecuencia desta substitución, cómpre así mesmo a substitución do representante da entidade Unión de Cooperativas Asociación Gallega de Cooperativas Agrarias, nomeado como suplente segundo.

Por todo o exposto, de acordo coas propostas realizadas e facendo uso da autorización prevista da disposición derradeira primeira do referido decreto

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Por proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias e na súa representación, noméase membro titular do Consello Galego de Cooperativas a Manuel García Montero, en substitución de Enrique Fernández González.

Segundo.-En representación das cooperativas e por proposta da Unión de Cooperativas Asociación Gallega de Cooperativas Agrarias, noméase como suplente segundo a Javier Pousa Veloso, en substitución de Manuel García Montero.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais