Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, en sesión do 30 de novembro de 2000, aprobou definitivamente o estudio de detalle das parcelas 35 e 37 da rúa das Flores e predio anexo en Roxos-Santa María de Villestro, promovido por Bernardo Falcón Acha.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP número 26, do día 1 de febreiro de 2001, o texto íntegro da

normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo