Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a execución da obra seguinte:

Obxecto: rehabilitación dun efificio para ampliación da casa do concello.

Orzamento de licitación: 125.731.462 pesetas (IVE incluido).

Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría c.

Grupo C, subgrupo 3, categoría c.

Grupo C, subgrupo 6, categoría b.

Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de execución: doce meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros, durante o prazo de vinteseis días (26) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na secretaría xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anucio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 12 de febreiro de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa