O alcalde-presidente deste concello, por Resolución do día 8 de febreiro de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle para a fixación de aliñacións e rasantes e ordenación de volumes, na parcela sita no lugar de Carrio, parroquia de Bergondo, neste concello, redactado polo arquitecto Valentín Souto García e promovido por Óscar Fondevila Taboada, en representación de Rías de Bergondo, S.A.
O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que, á vista do expediente, poidan formularse as alegacións que se consideren oportunas, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio.
Bergondo, 8 de febreiro de 2001.
José Fernández Ramos
Alcalde-presidente