Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O alcalde-presidente deste concello, por Resolución do día 8 de febreiro de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle para a fixación de aliñacións e rasantes e ordenación de volumes, na parcela sita no lugar de Gandarío, parroquia de Ouces, neste concello, redactado polo arquitecto Alberto Unsain Glez. de Suso e promovido por Miguel Ángel Roa López e José Pérez Casal.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que, á vista do expediente, poidan formularse as alegacións que se consideren oportunas, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio.

Bergondo, 8 de febreiro de 2001.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente