Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 1 de marzo de 2001, acordou a aprobación do prego de condicións e a licitación da contratación mediante concurso con procedemento aberto, para o contrato de subministración coas características que se indican seguidamente:

Cadro de características do contrato.

1. Obxecto: subministración dun vehículo todo terreo.

2. Tipo de licitación máximo: 9.000.000 de pesetas (54.091 euros), tipo de licitación mínimo 7.000.000 de pesetas, (42.071 euros) IVE incluído, incluíndo matriculación e tódolos custos de posta á disposición e entrega.

3. Partida: 5.68.

4. Prazo de entrega: 50 días desde a adxudicación.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación de proposicións e información: rexistro xeral do Concello de Xove, (Camiño Real s/n 27870 Xove-Lugo). Facilitarase, así mesmo, copia do prego de condicións persoalmente, por correo, correo electrónico (xove*fegamp.es) ou telecopia (982 59 21 54).

7. Prazo de presentación de proposicións: 15 días naturais desde a publicación no BOP de Lugo e no DOG.

8. Fianza provisional: 180.000 pesetas.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: subministración financiada con fondos propios.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de condicións.

Xove, 8 de marzo de 2001.

Jaime Pernas Rodríguez

Alcalde accidental

ANEXO

Modelo de proposición.

Don/Dona..... con domicilio na rúa nº..... teléfono con DNI (pasaporte ou documento que o sustitúa) nº..... actuando en nome propio (ou en representación de DNI ou CIF nº..... e con domicilio en nº teléfono.....) toma parte no concurso con procedemento aberto de subministración, e para estes efectos fai constar:

1. Que ofrece a subministración dun vehículo todoterreo de marca e modelo..... no prezo de..... pesetas, que significa unha baixa de..... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven do prego de condicións do presente contrato.

3. Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En....., o... de..... de 2001.

O/A licitador/a (asinado e rubricado)

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación da subministración de..... presentada por....

En....., o... de..... de 2001.

O/A licitador/a (asinado e rubricado